Victor Castro e Irene Martinez mundialistas

Xa é oficial, os levantadores do Club Halterofilia Coruña, foron convocados polo seleccionador nacional, Victor Galvan, para respresentar a España no próximo mundial Absoluto que se vai celebrar no mes de decembro en Uzbequistan.

A clasificación deste deportistas, foi conseguida durante a última xornada da Liga Galega de Clubes donde puntuaron tamén para que os seus equipos ganara a xornada.

Irene Martinez conseguía 90 kg en arrancada e 103 kg en dous tempos para sumar 193 Kg e así a clasificación na categoría de 59 kg.

Victor Castro levantaba 132 kg en arrancada e 155 kg en dous tempos para sumar un total de 287 kg e conseguir así a clasificación na categoría de 67 kg.

Con este dous representantes, a nosa federación é a segunda en numero de representantes trala federación canaria que estará representada por 4 levantadores.