Federación Gallega de Halterofilia

En Galicia, a orixe da Halterofilia vai ligada ó nome de Carlos Labordeta. En 1960, Labordeta introduciu a práctica dos exercicios de pesas no seu ximnasio da coruñesa rúa Galera. Hoxe, o pioneiro recorda o aire autodidacta daqueles comezos: “Empezamos por pura afición, e ó principio aprendemos os movementos por revistas e fotos”.

En 1962 naceu a Federación Galega de Halterofilia, cuxo primeiro presidente foi Roberto Ozores, un médico afanado no deporte que tamén fora máximo dirixente do Celta. Ese mesmo ano disputouse ó aire libre, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, o primeiro campionato autonómico da nova disciplina.

O comenzo da halterofilia galega foi brillante. José Luis González Doval, José Benito Cantó e o propio Labordeta lograron títulos a nivel estatal. O período do dominio galego na halterofilia española enmarcase entre os anos 1962 e 1967. A partir desa idade de ouro, Andalucía tomou o relevo.

Entre os ximnaxios e clubes pioneiros cabe citar, ademais do mencionado Labordeta, o Inferniño de Ferrol, o Club del Mar da Coruña, o Club Halterofilia Vigo e o Pabellón de Ourense.

Na actualidade Galicia está experimentando un novo e importante despegue cos excelentes resultados na xove halterofilia feminina e masculina.