Boa xornada de Halterofilia que se celebrou este fin de semana no Polideportivo do Colexio Calasanz en A Coruña. Ata alí desplazaronse os mellores levantadores para disputar a Copa Galega 2021. Destacada a actuación dos levantadores do Club Halterofilia Coruña que conseguiron o título das dúas categorías.
A categoría masculina estivo moi disputada. 7 puntos separaban o terceiro do primeiro clasificado, ata os ultimos intentos estaba todo por decidir. Carlos Castro, do Club Halterofilia Coruña conseguía o primeiro posto ( 322.75 puntos). A segunda praza foi para o levantador do Club Halterofilia Pabellón de Ourense Ivan Ramirez con 316,26 puntos. A terceira praza ocupouna David Mata tamén do Club Halterofilia Coruña con 316,01 puntos.
Resultados categoria masculina
A categoría femenina foi dominada por Irene Blanco do Club Halterofilia Coruña con 228.82 puntos. A segunda praza foi para Noelia García tamén do Club Halterofilia Coruña con 213.70. A terceira praza do podium foi para Eva Fernández do Club Halterofilia Pontevedra con 199.41 puntos.