Circular

Aos adestradores, xuíces e clubes da Federación Galega de Halterofilia,

A Federación Galega de Halterofilia lembra aos seus federados a obligatoriedade, en base ao establecido na lexislación aplicable, de aportar un Certificado de Delitos de Natureza Sexual emitido polo Rexistro Central de Delincuentes Sexuais no que se especifique que non consta información penal relativa á persoa federada.

A obtención deste certificado pode tramitarse de xeito eletrónico no seguinte enlace: Certificado de Delitos de Naturaleza Sexual – Trámites – Sede Electrónica (mjusticia.gob.es)

Para realizar este trámite é preciso estar rexistrado no sistema Cl@ve ou dispor dun dos distintos certificados electrónicos da plataforma @asina, como son o certificado da FNMT, ou DNI-e. Se non dispón dun destes certificados, pode realizar a solicitude a través da opción “Tramitación en liña sen certificado dixital” e posteriormente acudir á oficina máis próxima ao seu domicilio para acreditar a súa identidade.

Atentamente,

A Federación