A UFEDEGA chega a un acordo con Clínicas Gaias para poñer a disposición do Deporte Galego a realización dos test de diagnóstico da COVID-19 a un prezo vantaxoso.

O Deporte Galego supón unha parte fundamental para a sociedade, ten unha gran influencia a nivel económico, a nivel sanitario e considerase un elemento fundamental para a construción dunha identidade cultural propia.

O proceso de desescalada no ámbito deportivo está a provocar diferentes necesidades para os/as deportistas en función da modalidade que practiquen; moitos/as tratan de volver á actividade sen a posibilidade de coñecer realmente se son ou foron portadores do virus. Dende a UFEDEGA, en colaboración coas diferentes federacións deportivas galegas, chegouse a un acordo para por a disposición dos/as deportistas galegos/as a elaboración de test a un prezo reducido.

Qué debemos saber sobre a detección de casos de COVID-19?
Cando se produce a infección, xeramos inmunoglobulinas (anticorpos) que activan o resto do sistema inmunolóxico para eliminar o virus. A IgM é a primeira inmunoglobulina que se produce, polo tanto indícanos se hai ou non infección. A IgG é un anticorpo máis especializado que se une concretamente ao virus COVID-19; a IgG danos a información sobre a inmunidade que xerou o noso organismo fronte a este virus.

Por qué facer os test?
Para volver á actividade con maior tranquilidade, para descartar que supoñemos un risco de contaxio para compañeiros/as ou familiares que se atopen máis sensibles á infección, e para realizar un filtro rápido da poboación evitando a realización masiva de PCR, que supón un maior custe e maior tempo por proba.

Qué tipos de test ofrecemos?
KITS RÁPIDOS con determinación diferenciada de anticorpos IgG e IgM.

– Prezo: 32€
– Metodoloxía: pinchazo no dedo.
– Información que proporciona: Se estivemos ou estamos infectados.
– Tempo de espera para o resultado: 15 minutos.
– Vantaxes: rapidez no resultado PCR.
– Inconvenientes: nos primeiros días de contaxio a fiabilidade de entorno ao 70%.

IMPORTANTE. O prezo inclúe: Consulta, prescrición, informe médico, comunicación de positivos e contactos estreitos segundo corresponda. De obter un resultado positivo, hai a opción de realizar un PCR na mesma clínica (custe aproximado 120€ aproximadamente) ou acudir ao médico de cabeceira para que nolo realicen pola seguridade social, ao ter o positivo no test rápido, axilizaríase moito o proceso pola seguridade social e realizaríano de xeito gratuíto.

A quen vai dirixida esta oferta?
A todos/as os deportistas federados/as galegas, federacións deportivas e aos familiares directos de ambos colectivos.

Como solicitar a realización do test?
Cubrindo o seguinte formulario para todas aquelas persoas interesadas en realizar o test.

FORMULARIO SOLICITUDE TEST

Como e cando podo realizar o test?
Dende a UFEDEGA daremos a oportunidade de solicitar o test ata o 17 de xuño, e comezaranse a dar as citas para a realización dos mesmos a partir do día 22 do mesmo mes, coa intención de realizar todos os test entre o mes de xuño e xullo. Os interesados/as deben seguir os seguintes pasos.

1. Cubrir e enviar o formulario.

2. Despois de cubrir o formulario débese realizar a transferencia de 32€ por solicitante na conta:

ES44 2080 5533 1930 4000 1719 (UNION DE FEDERACIONS DEPORTIVAS GALEGAS)

No concepto debe figurar o nome e apelidos do solicitante; e se ingresa o importe correspondente a máis dunha persoa debe aclararse no e-mail que haberá que enviar no seguinte paso.

3. Posteriormente débese enviar o xustificante da transferencia por e-mail a ufedega@gmail.com (debemos indicar se a transferencia se corresponde a máis dun solicitante, indicando nome e apelidos dos implicados).

Onde podo realizar o test?
Os test realizaranse nas Clínicas Gaias de Ferrol, A Coruña, Santiago, Ribeira, Vigo, Lugo, e centros médicos concertados en Pontevedra e Ourense.
En caso de colectivos que formen un grupo de a lo menos 50 persoas (máis ou menos), poderase enviar un equipo de enfermería ao lugar sempre e cando se habilite unha sala para elaborar os test.

IMPORTANTE
Dende a UFEDEGA queremos deixar claro que estas probas ofrecen unha «foto» da súa condición inmunolóxica nese momento concreto, pero esta situación pode ser completamente diferente ao cabo duns días, especialmente agora que se retomou a mobilidade. O máis importante é respectar e cumprir as medidas preventivas para evitar o contaxio, incluso aquelas persoas que, segundo os resultados das probas rápidas, teñen anticorpos, xa que isto non significa que poidan baixar a garda contra o coronavirus.

Fuente: ufedega.gal