RESOLUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DA FEDERACION GALEGA DE
HALTEROFILIA relativa a finalización da MOCIÓN DE CENSURA celebrada con data
26 de febreiro de 2021
FEITOS:
PRIMEIRO: A xunta electoral da Federación Galega de Halterofilia deu trámite a solicitude
de moción de censura presentada en legal forma polos asinantes dacordo co establecido
no artigo 47 do Decreto 6/2018, de 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e ós
criterios para a elaboración dos reglamentos electorais que deben rexir a realización dos
procesos electorales nas federacións deportivas galegas.
SEGUNDO: Procedeuse a convocar asamblea xeral extraordinaria para o día 26 de
febreiro de 2021 para a votación da moción de censura
TERCEIRO: Que o día 26 de febreiro de 2021 celebrase Asamblea Xeral Extraordinaria
as 10:30 horas, e ante a mesa electoral constituida en legal forma, presidida por D. Miguel
Santos Rodríguez con DNI 36.110.080-B, secretario da mesa electoral D. Victor Castro
Mariño con DNI 47.375.849-N e Vocal D. Francisco José García Pereiro con DNI
46.917995-L, procedeuse a realizar a votación
CUARTO: O resultado da Votación foi: de 11 electores, procederon a votar 9 electores,
dos que 7 votos foron a prol do candidato D. David Losada Fernández, 1 voto a prol do
presidente D. José Manuel Tubío Cutrín e 1 voto en branco. Resultando gañador da
votación o candidato D. David Losada Fernández
QUINTO: Que se procedeu a notificar a Xunta de Galicia o resultado da votación o día 26
de febreiro de 2021 de forma electrónicaç
SEXTO: Que se cumpriu o prazo de 3 días hábiles establecido no Decreto 6/2018 de 15
de febreiro sin que conste ningunha impugnación ou reclamación contra o resultado da
votación e a asamblea xeral extraordinaria.
Por todo isto
RESOLVO elevar a definitivo o resultado da votación de 7 votos a favor, 1 en contra e
1 voto en branco a favor do candidato D. David Losada Fernández con DNI 44.475.492-
R, quen queda investido como presidente da Federación Galega de Halterofilia de
forma definitiva, que neste mesmo momento e acto TOMA POSESIÓN DO CARGO OS
EFECTOS LEGALES OPORTUNOS.