Oscar Fernández Serantes ( Ferrol 1947 ) recibirá este mércores 05 de Octubro da man do presidente da Xunta Alfonso Rueda, a distinción ó merito deportivo 2022. Recoñecemento merecido polos logros acadados durante a súa etapa como presidente da Federación Galega de Halterofilia.
Oscar foi presidente dende o ano 1984 ata 2018. 32 anos nos que colaborou de forma moi activa no crecemento do noso deporte, situando a Galicia no mapa nacional e tamén no ámbito internacional xa que na nosa comunidade organizaronse varios campionatos de relevancia internacional.
- 1998, Campeonato de Europa Sub 16.
- 1999, Campeonato de Europa Absoluto.
- 2001, Campeonato de la Unión Europea.
- 2003, Campeonato de la Unión Europea.
- 2007, Campeonato de la Unión Europea.
- 2016, Copa Mediterránea
Dende a Federación Galega de Halterofilia felicitamos a Oscar por esta distinción e agradecemos todo o esforzo feito polo crecemento do no deporte.