Fotografía por Yoshimura Ramon
Martín Liste Viaño (Tordoia, 1996) comezou a súa carreira deportiva no atletismo, deporte co que chegou a subir ó podio en varios campionatos de España. Dende 2014 practica halterofilia co Club Halterofilia Coruña, e é o actual subcampión absoluto de España en arrancada, dous tempos e total olímpico na categoría de 96 kg.
Está seleccionado para representar a España no Campionato de Europa Sub-23 de este ano, que se vai celebrar en Bucarest (Romanía) do 17 ó 27 de outubro.
Martín falou connosco para comentarnos a súa carreira deportiva e próximos obxectivos.
P: Saúdos, Martín. Seguro que che teñen preguntado isto moito, pero para quen aínda non coñeza moito a túa traxectoria, ¿como é que chegaches á halterofilia?
R: Ata ese momento momento era lanzador de disco, no club Atlética a Silva. A Federación Galega de Halterofilia daba un curso de monitor que o meu adestrador de atletismo, José Domínguez (Pepe), e eu tomamos a modo de futura preparación física para o disco. Ferenc Szabó, o meu adestrador de halterofilia, comentoume que tiña boas cualidades físicas para levantar quilos e que me animara a adestrar con eles.
P: ¿Sentícheste obrigado algunha vez a elixir entre o atletismo e a halterofilia?
R: Non, en ningún momento. A Pepe pareceulle ben que me fora adicando cada vez máis a este novo deporte, de cara a un futuro había mais proxección.
P: ¿Cal é o exercicio ou movemento que máis che gusta da halterofilia?
R: No meu caso creo que me quedo co dous tempos posto que é a modalidade que mellor me sae das dúas.
P: ¿Como ves a halterofilia galega?
R: Agora mesmo está nun punto de evolución. Cada vez hai máis rapaces e rapazas que comezan a interesarse por este deporte. O noso club está facendo unha labor moi boa coas captacións en escolas, se hai nenos a canteira e o futuro estará garantido.
P: ¿E a española en xeral?
R: Non levo demasiado tempo nesta federación, pero a ollos do espectador, está moi ben porque están a facer un bo traballo sacando medallas a nivel internacional.
P: ¿Seguiches o Mundial de Tailandia? ¿Que che pareceu?
R: Si, estiven pendente de todos os meus compañeiros. Ao ser un mundial clasificatorio para os Xogos Olímpicos, o nivel era máis alto que o de anos anteriores, pero cada vez nótome máis cerca desa competición.
P: ¿Que balance farías da túa propia temporada en 2019?
R: Este ano paseino adaptándome a nova categoría de peso corporal tratando de subir as marcas ao mesmo tempo. O campionato de España absoluto foi unha das datas clave do calendario no cal conseguín as 3 pratas. En xeral, saíronme boas competicións en canto a resultados pero non conseguimos espremer as marcas que temos dentro. Agora mesmo atópome nun proxecto do cal intentamos conseguir resultados a corto ou medio prazo.
P: ¿Cal é o teu próximo obxectivo?
R: O próximo é o Campionato de Europa Sub-23 que se celebrará en Bucarest, Romanía, do 17-27 de Outubro. Un dos obxectivos é tratar de acercarme ás medallas. Despois deste temos a Copa do Rei en Madrid o 29 de Novembro.
P: ¿E que obxectivos tes para 2020?
R: Para o ano que ven paso á categoría absoluta e temos que confiar de pleno no proxecto que acabamos de comezar. Pero unha das clave será, entre outras, o Campionato de Europa absoluto.
Moitas gracias, Martín, por concedernos esta entrevista. Desexámosche o mellor para o Campionato de Europa Sub-23 e que poidas acadar os obxectivos.
Martín Liste competirá no Campionato de Europa sub-23 o venres 25 de outubro ás 15:30 (hora peninsular española).
Pódense seguir os adestramentos, as novidades e o día a día de Martín Liste nas súas redes sociais: Facebook // Instagram